Quantcast
Channel: Íñigo García Odiaga – veredes
Viewing all articles
Browse latest Browse all 80

Caixas de luz |Íñigo García Odiaga

$
0
0
Gipsoteca Canoviana en Possagno, Carlo Scarpa, 1955-57

Nuevo artículo en veredes.

Gipsoteca Canoviana en Possagno, Carlo Scarpa, 1955-57
Gipsoteca Canoviana en Possagno, Carlo Scarpa, 1955-57

Louis Kahn chegou a asegurar que un espazo onde non entrase a luz natural, non podería considerar un espazo arquitectónico. A afirmación aínda que talvez algo esaxerada, é sen dúbida suxestiva.

De feito a arquitectura nunha das súas múltiples definicións podería determinarse como a arte de controlar a luz, e controlala ademais en función do clima e do uso da caixa.

Nas latitudes máis calorosas e luminosas a sombra foi sempre o máis desexado, e as celosías, tamices, toldos e pequenas aperturas os mecanismos que a arquitectura utilizou para afastar a calor e definir a penumbra. Pola contra nos países escandinavos, o claro no bosque é o mito da luz, da claridade e as grandes ventás orientadas ao mediodía as ferramentas do arquitecto para buscar ese soño.

Pero tamén o uso e a función determinan o tipo de iluminación dun espazo. Carlo Scarpa sabíao ben. Non é o mesmo iluminar o espazo que iluminar as paredes. Nun museo de reproducións de obras clásicas en yeso, unha Gipsoteca, o problema adoita ser a falta de densidade do material das pezas. A luz non incide igual, non vibra e reverbera igual sobre o yeso que sobre o mármore pentélico.

Se no mármore os brillos e as sombras constrúen o peso da materia, no yeso a luz parece volver as pezas débiles, quebradizas e porosas, case ocas.

A Gipsoteca Canoviana en Possagno construída entre 1955 e 1957, ten unha planta na que se agrupan varias caixas cegas, sen xanelas. Scarpa eliminou as esquinas superiores das salas de exposicións, no encontro das paredes co teito, construíndo uns pequenos prismas vidriados a modo de caixas de luz.

Gipsoteca Canoviana en Possagno, Carlo Scarpa, 1955-57
Gipsoteca Canoviana en Possagno, Carlo Scarpa, 1955-57

Este simple xesto baña de luz as paredes da sala, deixando o centro nunha sostida penumbra. Mediante este artificio, os moldes de yeso cobran vida ao contrastar a súa densidade escura contra un fondo luminoso que parece desmaterializarse. As banais pezas de yeso vólvense sublimes baixo a luz. Se isto non é arquitectura, é difícil saber que podería selo.

Íñigo García Odiaga. arquitecto
San Sebastián. Febreiro 2017

Caixas de luz | Íñigo García Odiaga ha sido publicado originalmente en veredes

Puedes seguirnos también en Twitter, Facebook, Google+, tumblr y pinterest.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 80

Trending Articles